O obxectivo é crear espazos de confianza e seguridade onde cuestionamos a cultura amorosa occidental e as súas consecuencias nas nosas vidas.

Educámonos e construímos na sociedade a partir de modelos de parella normalizados, onde os roles de xénero se perpetúan, creando dependencias afectivas a través do poder dos nosos corpos, orientación sexual, desexo e emocións.

A aprendizaxe de deconstrucción dos mitos de amor romántico é o reto que temos para traballar individual e colectivamente, a través de diversas técnicas de expresión corporal, psicolóxica e artística.

Construír e reconstruír as propias autobiografías do amor para trazar novas traxectorias cara relacións afectivas saudables, ampliando a nosa rede afectiva.

Destinatar@s: ata 30 participantes.

Duración: sesións de 4 horas.

xaira outono 2012