A diversidade sexual é un tema no que resulta imposible permanecer neutral.

Tanto as palabras coma os silencios educan, aínda que como é evidente, non sempre o fagan na mesma dirección.

Porque educamos e nos educamos constantemente é importante tratar o feito sexual como realidade que convén abordar dende un punto de vista socio-educativo, para xerar procesos de reflexión e aprendizaxe en torno a un fenómeno en permanente construción e que se dá de xeito diverso en cada persoa. O reto está en desaprender, deconstruír aquelas crenzas que se supoñen determinadas biolóxicamente e que xiran en torno do corpo, das emocións, das prácticas, dos desexos. Crenzas que en definitiva marcan cal o destino e os motivos do pracer, á vez que manifestan de forma máis ou menos directa ou simbólica unha ideoloxía patriarcal e heteronormativa.

Destinatari@s: ata 25 participantes

Duración: 16 horas

Contidos: as identidades de xénero e sexuais, as relacións de xénero ou as distintas orientacións do desexo, imprescindibles para recoñecer a diversidade que as persoas precisan para convivir en sociedade dun xeito adecuado sen que a condición de minoría resulte un obstáculo ou motivo de exclusión ou marxinación.

xaira outono 2012