Que son as masculinidades? Existen distintos modelos? Son maquillaxes nas nosas vidas?
O poder crea subxectividades. Como persoas, construímonos en sociedade suxeitas a códigos de comportamento sociais e morais, disciplinas científicas, roles de xénero, usos e costumes...
As identidades, en plural, representan moitas veces a suxeición a tales normas así como a súa reprodución. Mais non só, tamén poden ser adoptadas de xeito estratéxico ca misión de subverter ditas normas e transformalas.
Obxectivos: cuestionar o sistema patriarcal e a heteronormatividade, explorar o manexo consciente das identidades dende o seu potencial transformador e performativo, poñer en valor a idea de diversidade e desmitificar a visión natural e esencial das identidades.
Destinatarios: grupos de homes preferentemente
Duración: 4 horas.