A utilización das novas tecnoloxías pode ser unha ferramenta de crecemento persoal e social sen precedentes. No entanto, o crecente avance nas tecnoloxías da “Rede” non sempre é acompañado dunha consciencia efectiva das súas potencialidades e perigosidades.

Neste obradoiro exploraremos algúns aspectos do funcionamento de Internet, e descubriremos algunhas técnicas e ferramentas para navegar no ciberespazo de forma segura e consciente.

Destinatari@s: grupos con nivel de coñecementos informáticos similares.

Duración: 100-120 minutos.

Contidos: redes sociais, navegación segura, privacidade, informática e Internet.

xaira outono 2012