Crear un espazo de reflexión e discusión a través dos medios audiovisuais que exploran a diversidade sexual expresada en historias de vida reais ou simuladas.

O obxectivo consiste en que as/os participantes podan expresar inquedanzas e desenvolver novas actitudes, así como cuestionar moitas das crenzas que xiran en torno das identidades normativas e das formas de vivenciar a sexualidade.

Destinatari@s: público heteroxéneo con inquedanzas sobre estas temáticas.

Duración: 2 horas (proxeccións + foro)

Contidos: Identidades sexuais e de xénero, erótica, sexualidades non normativas, orientación e desexo, corpos e estratexias de resistencia ao poder normativo.

xaira outono 2012