O teatro é a arte de mentir con boas maneiras! Inventar situacións máis ou menos reais e discutilas dende os nosos corpos e desexos.
O Teatro d@ Oprimid@ é un movemento social que naceu no Brasil na década dos 50 e que propón un achegamento entre o público e o escenario, para a representación e discusión dos conflitos e opresións sociais.
Exploraremos as nosas diferenzas, inquedanzas e opinións, dende a expresión corporal e a intelixencia emocional.
Construiremos pequenas representacións de situacións cotiáns, escollidas polxs participantes.
Discutirémolas entre @s actrices e o público, nun ambiente ambiguo, entre o teatro e a realidade entre a mentira e a verdade, onde o público poderá facer moito máis que reflectir, ou falar...
Destinatari@s: grupos ata 20 participantes
Duración: 4 a 20 horas
Contidos: tema específico (a escoller), teatro imaxe, teatro foro, expresión corporal, xogos de desmecanización dos corpos, ...